Un meu relato nunha escolma de relatos fantásticos: Contos Estraños
Pois iso, que un dos meus relatos, O Home e a Súa Lágrima, foi escollido para participar no nº0 de Contos Estraños, un libro ou antoloxía de relatos que se poidan definir dentro do amplio abano de literatura fantástica, e que se supón, esperemos, que terá continuidade no tempo.
É, por tanto, un intento de facer algo semellante ao que serían as coñecidas revistas das que saíron tantos e tantos autores tan ben coñecidos. Por suposto, está claro, o nome escollido non é máis que a traduzón de Weird Tales. Embora non teño nada contra a literatura pulp, tampouco hau que esaxerar co termo, xa que a literatura pulp non foi un movimento literario nen cousa semellante, mas unha forma de editar, bastante estajanovista, da que os mesmos autores que se poderían definir como tais escaparon canto que tiveron ocasión. As revistas que sobreviveron á época, como a mesma Analog, non se pode dicer agora que editen literatura pulp, e sempre que se saiba do que se está falando non hai problema. Dígoo porque é moi fácil identificar pulp coa manchea de autores que sobreviveron no tempo porque eran bons e a súa obra perdurou, mais pulp tambén foron as men's sweat magazines, e manda carallo na Habana con elas.
Non digo que non sexa un fenómeno literario interesante, e por exemplo a literatura LGTB comezou practicamente nese medio, mais tambén debemos comprender que nen toda a literatura popular foi pulp nos Estados Unidos, que é onde se pode falar con propiedade deste tipo de literatura, nen toda a literatura fantástica e os seus autores xurdiron desas revistas. En España non é correcto, portanto, falar de que as "novelitas de a duro" ou bolsilibros fosen literatura pulp, porque embora fosen fenómenos semellantes non son equiparabeis nen asimilabeis. Por aí pola web adiante hai algunha xente que pretende facer un revival neopulp considerando o pulp primixenio practicamente como unha especie de movimento literario cunha carga programática que case parece que fosen a Xeración Nós, mais non é máis que unha impresionante empanada mental de vieiras. Algún día falarei deles, porque é unha xentiña curiosa de veras.
Estes son, portanto, relatos fantásticos escritos na Galiza, pulp no mellor senso da palabra, e que homenaxea co seu título unha das súas cabeceiras máis coñecidas, Weird Tales, onde escribiran xente como Lovecraft, Howard e Ashton Smith. E isto é o que eu fixen:
Envieilles unha foto un tanto manipulada e a biografía, e igual que ao resto dos autores puxéronme un pé de foto chusqueiro. Paréceme ben. Tanto, que cando os colla han morrer entre horribeis sofrimentos.
O relato xa estaba hai tempo publicado en Feedbooks, por certo, coa súa portada conceitual e todo:
-SuperSantiEgo
Etiquetas: Autobombo_literario






























0 Comentarios:
Publicar un comentario en la entrada
Enlaces a esta entrada:
Crear un enlace
<< Inicio